Cando temos que traballar uns contidos determinados co noso alumnado, sempre intentamos ir plantexando actividades que lles permita ir asimilando, os conceptos, facelos seus e ademáis motivalos e familiarizalos na construción da Ciencia. Ademáis de acadar uns obxectivos determinado deveremos desenvolver unhas competencias básicas, que lles serva para aplicalo na súa vida diaria ou polo menos que lles dea unha perspectiva real e actual dos contidos.
Como sabedes, decidín este curso 2010/2011 adicarme a preparar as seguintes Oposicións de Ensino Secundario (se as convocan, claro); e ademaís de estudar os 75 Temas propostos teño que ir facendo cursos homologables (os on-line son os máis prácticos) para que me puntúen nos méritos (áta un máximo de 6 puntos). O último que fixen era sobre as Webquest, e resutoume bastante interesante, xa non so para o anteriormente dito, senón pensando no meu futuro alumnado. Nunha so actividade, podo conseguir traballar os contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais, e ademáis ir desenvolvendo moitas das competencias básicas (a propia da miña materia: competencia no coñecemento e a interación co mundo físico), como a matemática, o tratamento da información e a competencia dixital, a social e cidadá, a artística, aprender a aprender e a da iniciativa persoal....en definitiva como di no título: unha actividade case perfecta.
As Webquest foron creadas por Bernie Dodge e Tom March en 1995 da Universidade de San Diego, e as definiron como "Actividade de clase, de búsqueda orientada e controlada, de información, asentados nos principios construtivistas da aprendizaxe". Presenta unha estrutura coma a que tedes a continuación:
E para non ter que ir explicando cada unha das súas partes, expoñerei a continuación a que presentei eu, e xa me comentaredes a vosa opinión.....
VOLCÁNS EN ERUPCIÓN
INTRODUCCIÓN
Os volcáns parecer exercer sobre a especie humana unha estraña mestura de atracción e temor. A súa peligrosidade e numerosas víctimas que causan xustificas esta alarma. Por outra banda existen poucos espectáculos de maior beleza e grandiosidade coma algunhas erupcións volcánicas.Unha erupción volcánica nos suxire moitas interrogantes:
- Que fai espertar a un volcán
- Como se pode saber se un volcán está apagado?
- De onde procede o material quente que expulsa?
- Que importancia teñen os volcáns coma formadores de rochas?
- Pódese predicir a erupción dun volcan?
- De que xeito un volcán poder paralizar a actividade aérea dun país?
Debedes de buscar información e imaxes, en Internet ou enciclopedias multimedia, sobre os volcáns e elaborar tres documentos:
- Un trabllo documental que deberedes facer con axuda do procesador de textos e as ferramentas de debuxo que o acomañan.
- O segundo será unha redacción (tamén co procesador de textos) de xeito individual.
- Para rematar demostraredes as vosas habilidades informáticas e creativas na elaboración dunha presentación multimedia.
- En grupos de dous alumnos/as: 1º confecionaredes un traballo documental escrito no que deberá aparecer, como mínimo un debuxo coa estrutura dun volcán, e na que se respondan as seguintes cuestións: Que entendes por edificio volcánico?, Que son as caldeiras?, Que outras formas volcánicas poden existir?. 2º Engadir ao traballo anterior, coa axuda das ferramentas de debuxo que inclúe o procesador, un esquema cos factores de que depende o tipo de actividade volcánica.
- Traballo individual: realizade un esquema ou cadro de dobre entrada no que mostres os tipos de materiais que expulsan os volcáns e os tipos de rochas que orixinan.
- En grupos de 4 alumnos/as: realizar unha presentación de 8 diapositivas como máximo na que aparezan imaxes acompañadas de texto explicativo sobre o "Risco volcánico".

